Desenrolado por coroa.es
O Concello de Boborás vai acometer obras de mellora nas estradas de Cardelle, Brués-Pontevella, acceso á Ponterriza e núcleo, acceso a Vilachá e estrada Brués a Balboa,todas estas actuacións executaránse nos próximos meses.
Estas obras serán acometidas pola Brigada de obras da Deputación de Ourense, quen valorou os traballos en 36.828,08 euros dos que o Concello de Boborás terá que aportar o correspondente ao material de construción que ascende a 17.831,66 euros.
Desta maneira, o concello segue co plan de mellora de varias estradas municipais. No transcurso do último acondicionouse o muro da estrada a Paradela, asi como nos accesos e camiños de Cibreiro, Xurenzás, a Pedriña ou Salón, que se está executando nestes momentos.
A estas citadas obras hai que sumar as que se incluiron no Plan Marco 2017/2018, os viais de A Fenteira, Rodas-Quintás, o Curro (Feás) e a de Balboa aos Diestros.
Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/o-concello-de-boboras-continua-coas-obras-de-mellora-da-rede-viaria-municipal
[2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/o-concello-de-boboras-continua-coas-obras-de-mellora-da-rede-viaria-municipal
[3] whatsapp://send?text=O concello de Boborás continúa coas obras de mellora da rede viaria municipal http://copecarballino.es/novas/o-concello-de-boboras-continua-coas-obras-de-mellora-da-rede-viaria-municipal
[4] https://copecarballino.es/print/47519