Desenrolado por coroa.es
Dende o Partido Popular de Maside estamos cada día máis asombrados pero non sorprendidos pola desidia que amosa o Alcalde de Maside e o seu equipo de "Goberno".
En Garabás, diante do cemiterio de Eirexe, falta a tapa da alcantarilla dende hai 15 días. Varias persoas deron conta desta situación na Casa Consistorial, pero claro, debe ser esta unha obra de rango menor, porque Don Celso Fernández, ainda non tomou a decisión de chamar a quen corresponde para subsanar o que pode ser un problema si unha persoa tropeza ou un vehículo deixe alí unha roda. Será que o Concello ten moi bo seguro de Responsabilidade Civil e pretende facelo funcionar.
Os veciños salvaron a situación como puideron, con esta señalización alternativa.....
Sinceramente é unha magoa que só se atendan certas necesidades a cambio de favores e que se reflexe a falla total de interés en todo o Concello.
Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/denunciacidada/desidia-no-concello-de-maside
[2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/denunciacidada/desidia-no-concello-de-maside
[3] whatsapp://send?text=Desidia no concello de Maside http://copecarballino.es/denunciacidada/desidia-no-concello-de-maside
[4] https://copecarballino.es/print/47530