Desenrolado por coroa.es
Unha semana con tres partidos e tres victorias, nove puntos de nove posibles, na competitiva terceira división, o domingo pasado ante o Negreira, o xoves en Vilalonga, e para redondear a semana un 2-0 ante o poderoso Bergantiños.
Espiñedo recibía a ún dos grandes da categoria, xa que o equipo de Carballo está confeccionado para loitar polo ascenso, e o certo é que non se pode decir que defraudase, nin moito menos, pero enfronte encontrouse cun Arenteiro que soubo xogar as súas bazas, e saíronlle ben.
Os verdes cederon o balón a un Bergantiños que moveu o balón canto quixo e lle deixaron, pero sen crear ocasións claras ante a portería local.
E no fútbol gaña quen marca goles, e desta vez foi o Arenteiro o que acertou a facélos, e por dúas veces.
Ambos goles chegaron na segunda parte, primeiro ao transformar Dani Chimpin un penalti sobre Igor Sevivas. E xa na última xogada do partido nunha acción personal de Iker Hurtado que, arrancando dende campo propio, plantaouse ante a portería visitante para marcar o segundo e definitivo gol da tarde.
Para ver a ficha do partido podes facélo no seguinte enlace:http://www.futgal.es/pnfg/NFG_CmpPartido?cod_primaria=1000120&CodActa=28... [5]
Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/o-arenteiro-culmina-unha-semana-grande-derrotando-ao-bergantinos-en-espinedo
[2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/o-arenteiro-culmina-unha-semana-grande-derrotando-ao-bergantinos-en-espinedo
[3] whatsapp://send?text=O Arenteiro culmina unha semana grande derrotando ao Bergantiños en Espiñedo http://copecarballino.es/novas/o-arenteiro-culmina-unha-semana-grande-derrotando-ao-bergantinos-en-espinedo
[4] https://copecarballino.es/print/47540
[5] http://www.futgal.es/pnfg/NFG_CmpPartido?cod_primaria=1000120&CodActa=283748