Desenrolado por coroa.es
A nova estación fixa da ITV do Carballiño entrará en funcionamento a finais deste mes de novembro. A inauguración oficial terá lugar o día 27 deste mes.
Esta instalación ubicada no parque empresarial carballiñés, e que ocupa unha superficie de 3.200 metros cadrados, contará coa última tecnoloxía, permitindo inspeccionar todo tipo de vehículos, incluso os máis novidosos. As obras están prácticamente concluidas e quedan só algúns pequenos detalles para proceder à inauguración e apertura.
Cun investimento cercano a un millón de euros, a ITV dará emprego directo a catro persoas e inspeccionará arredor de 4.000 vehículos durante o primeiro ano de funcionamento, calculándose que para o ano 2020 os vehículos que pasen revisión serán uns 14.000.
Esta nova estación de ITV do Carballiño é a segunda de Galicia que incorpora un sistema punteiro de control así como un xeito de construcción novidosa de tipo modular. O proxecto técnico foi elaborado polos arquitectos Manuel Amor e Félix Suárez, en colaboración coa Escola de Arquitectura da Coruña, e é moi semellante ao que xa se elaborou para a nova ITV de Santiago.
Ata agora no Carballiño só prestaba servizo unha ITV móbil, que inspeciona vehículos lixeiros durante varios días cada mes, e só unha vez ao ano aos vehículos agrícolas. Unha situación que cambiará en canto entre en funcionamento esta nova estación, dentro de poucas semanas.
Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/nova-estacion-fixa-da-itv-entrara-en-funcionamento-finais-deste-mes-de-novembro
[2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/nova-estacion-fixa-da-itv-entrara-en-funcionamento-finais-deste-mes-de-novembro
[3] whatsapp://send?text=A nova estación fixa da ITV entrará en funcionamento a finais deste mes de Novembro http://copecarballino.es/novas/nova-estacion-fixa-da-itv-entrara-en-funcionamento-finais-deste-mes-de-novembro
[4] https://copecarballino.es/print/47630