Desenrolado por coroa.es
A Agrupación de Protección Civil do Carballiño desenvolve dende hoxe unha xornada informativa con motivo do Día Internacional do Voluntariado.
O evento está a ter lugar na Praza Maior, ata onde desprazaron parte do material co que contan para prestar o servizo, como vehículos todoterreo, unha lancha zodiac, motos e unha gran carpa, entre outros dispositivos.
O obxectivo é informar aos veciños e veciñas da súa función e promover a captación de voluntarios, que é o principal capital co que conta Protección Civil.
O alcalde, Francisco Fumega, tamén se achegou ata carpa para falar cos voluntarios e voluntarias e interesarse pola marcha desta xornada.
Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/proteccion-civil-necesita-aumentar-o-seu-voluntariado
[2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/proteccion-civil-necesita-aumentar-o-seu-voluntariado
[3] whatsapp://send?text=Protección Civil necesita aumentar o seu voluntariado http://copecarballino.es/novas/proteccion-civil-necesita-aumentar-o-seu-voluntariado
[4] https://copecarballino.es/print/47728