Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (https://copecarballino.es)

Inicio > Deputación e Concello supervisan as obras de mellora vial e medioambiental que se executan en Leiro

24, Xaneiro 2018 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, visitou o municipio de Leiro, dentro da rolda que está a realizar polos concellos da provincia de Ourense, para visitar obras dos ámbitos medioambiental e viario, levadas a cabo co apoio da Deputación de Ourense.

Na vila de Leiro, foi recibido na Casa Consistorial polo alcalde, Francisco José Fernández, con quen analizou temas en materia de infraestruturas viarias e medioambientais. Tamén estivo presente o primeiro tenente de alcalde de Leiro, Ramón Álvarez.

Despois, o presidente da entidade provincial achegouse á senda fluvial do río Avia na que, por medio dun convenio de colaboración entre a Deputación de Ourense, a Confederación Hidrográfica Miño-Sil e o Concello de Leiro, se levou a cabo un proxecto de recuperación dun tramo do camiño peonil da marxe dereita do río Avia.

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:https://copecarballino.es/novas/deputacion-e-concello-supervisan-obras-de-mellora-vial-e-medioambiental-que-se-executan-en

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/deputacion-e-concello-supervisan-obras-de-mellora-vial-e-medioambiental-que-se-executan-en [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/deputacion-e-concello-supervisan-obras-de-mellora-vial-e-medioambiental-que-se-executan-en [3] whatsapp://send?text=Deputación e Concello supervisan as obras de mellora vial e medioambiental que se executan en Leiro http://copecarballino.es/novas/deputacion-e-concello-supervisan-obras-de-mellora-vial-e-medioambiental-que-se-executan-en [4] https://copecarballino.es/print/47940