Desenrolado por coroa.es
O Arenteiro estaba aguantando ben no partido no Estadio da Lomba de Vilagarcía e a portería de Pachi apenas pasaba por situacións de perigo, pero todo se torceu mediada a primeira parte cando un regalo dos verdes permite ao Arousa marcar o primeiro gol.
Antes do descanso, o trigoleador esta tarde do Arousa Javier Pazos, aproveitaría un rexeite de Pachi para marcar o segundo e poñer o partido moi favorable aos locais.
Non obstante, á saída de vestiarios foron os mellores minutos do Arenteiro, e pudo meterse no partido se Borja acertase nun remate no que se cantaba o gol, pero o balón foise un chisco desviado.
E xa no minuto 68 chega a xogada que finiquita o partido, penalti e expulsión de Portela, que permite ao Arosa facer o 3-0. Logo, aínda tería outra boa oportunidade de gol Igor Sevivas, pero o seu tiro rexeitouno o poste, antes de que o Arousa fixera o cuarto e derradeiro gol da tarde.
Crrónica do partido en "La Voz de Galicia": https://www.lavozdegalicia.es/noticia/arousa/vilagarcia-de-arousa/2018/0... [5]
Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/o-arousa-non-da-opcion-sorpresa-ante-o-arenteiro
[2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/o-arousa-non-da-opcion-sorpresa-ante-o-arenteiro
[3] whatsapp://send?text=O Arousa non da opción á sorpresa ante o Arenteiro http://copecarballino.es/novas/o-arousa-non-da-opcion-sorpresa-ante-o-arenteiro
[4] https://copecarballino.es/print/47954
[5] https://www.lavozdegalicia.es/noticia/arousa/vilagarcia-de-arousa/2018/01/29/maza-pazos-ejecuta-arenteiro/0003_201801P29C6991.htm