Desenrolado por coroa.es
Un par de remates entre os tres paus, foi todo canto necesitou o Alondras para levarse os 3 puntos para Cangas, nun partido no que o máis normal polo visto no terreo de xogo houbese sido un empate, xa que na segunda parte o Arenteiro tivo un par de boas ocasións para marcar, incluido un remate de Igor que repeleu o poste.
Volveron os verdes ter que remar contracorrente, xa que apenas ían 15 minutos cando o Alondras adiantabase no marcador no primeiro remate dos do Morrazo ante a portería de Pachi, foi nun saque de esquina, erro de marcaxe dos locais e Jonás marca de cabeza sen oposición.
O partido caracterizouse polo derroche físico que fixeron ambos equipos sobre o terreo de xogo, que estaba moi blando, e esixente para os xogadores.
Na segunda parte o Arenteiro mereceu, cando menos o empate, primeiro tras unha xogada personal de Rubén Arce que puxo un balón de ouro sobre a frontal da área a Borja, pero o remate do centrocampista do Arenteiro atrapouno sen problemas o meta visitante. Despois, sería Igor Sevivas quen rematou de cabeza un centro lateral pero o balón foise a cepa do poste cando se cantaba o gol na grada.
Para ver a ficha do partido, sigue o seguinte enlace: http://www.futgal.es/pnfg/NFG_CmpPartido?cod_primaria=1000120&CodActa=28... [5]
Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/falta-de-gol-condena-ao-arenteiro-ante-o-alondras-0-1
[2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/falta-de-gol-condena-ao-arenteiro-ante-o-alondras-0-1
[3] whatsapp://send?text=A falta de gol condena ao Arenteiro ante o Alondras, 0-1. http://copecarballino.es/novas/falta-de-gol-condena-ao-arenteiro-ante-o-alondras-0-1
[4] https://copecarballino.es/print/47983
[5] http://www.futgal.es/pnfg/NFG_CmpPartido?cod_primaria=1000120&CodActa=283890