Desenrolado por coroa.es
Eu tamén son ferroviario e son de Carballiño.
E non entendo como algúns que din ser ferroviarios aseguran que gracias aos PAET poderían circular trens de cercanías ou de moi baixa velocidades pola liña de alta velocidade. Fai 25 anos que existe a alta velocidade ferrroviaria en España e aínda non vin un tren de cercanias, un regional ou un regional expres (tamogochi ou camello se prefiren) circulando por unha linea de altas prestaciones AVE. A ver si nos aclaramos e non confundimos a xente. Os Avant e os Alvia tamen son trens de altas prestacions, independentemente de que sexan ou non coma os AVE de Madrid, Sevilla, Valencia ou Barcelona. E todos eses trens ainda que non sexan como aqueles AVE prestan servizos de media distancia e longa distancia. Non de cercanías. Suxerir como decía o outro ferroviario que un tren de cercanias pode circular primero pola vía convencional e logo gracias ao PAET do Carballiño meterse na via de alta velocidade porque como hai moitas vías podense adiantar uns aos outros e disparatado.
A unica utilidade que lle vexo a un PAET sería que conectara a vez nese punto a liña convencional coa liña de alta velocidade na mesma cota posibilitando así transbordos dun tren a outro. Pero cada tipo de tren na sua rede. E iso dificilmente o van facer nin no Carballiño nin en Lalín a pesar da proximidade das duas liñás.
Onde si é posible e de feito se fixo algo parecido é no Irixo. Onde se construiu fai 8-9 unha base de montaxe e mantemento, que se ven non é un PAET, sí se podería adaptar con mínimo custe económico para funcionar coma tal. E así de paso aproveitarían unhas instalacions que agora están abandoadas coma quen di. A particularidade desta instalación e que construida na mesma zona da antiga estacion do Irixo e na mesma cota, pola que coma dixen antes empalman alí as dúas liñas: a vella e a nova. Cos accesos por carretera feitos, os pasos inferiores, os aparcamentos, etc. So faltarían por facer os andéns e algunha outra cousa. E cubriría ademáis a funcion extraxico do empalme tamén co futuro AVE a Vigo por Cerdedo (se é que esto algunha vez se fai finalmente por ahí).
Está ben pedir, pero pedir algo que xa existe moi cerca e se pode adaptar para funcionar como eso que queren poñer en Carballiño ou Lalín pois parece gastar por gastar.
Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/denunciacidada/sobre-o-paet-do-carballino
[2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/denunciacidada/sobre-o-paet-do-carballino
[3] whatsapp://send?text=Sobre o PAET do Carballiño http://copecarballino.es/denunciacidada/sobre-o-paet-do-carballino
[4] https://copecarballino.es/print/47995