Desenrolado por coroa.es
Hai certos comportamentos, certas actitudes, certas ocurrencias, que o único que poden é causar a risa, mofa e befa de quen as escoita.
Os do PP, contaxiados da megalomanía baltarista, piden que pare o AVE, cando ni tan siquera hai AVE. Non falan nada de que según a nova idea de Fátima Báñez, o feito de contemplar toda a vida laboral para calcular a base reguladora suporá unha merma nas pensións do 30%. Non falan de que o goberno, pra pagar as pensións do 2018, terá que endeudarse en 15000 MILLÓNS DE EUROS, porque xa dilapidaron o Fondo de Reserva da Seguridade Social. Non falan da burbulla da deuda pública que con tanto esmero incrementaron despois da nefasta actuación de ZP (pero conseguiron empeorala).
Eso si, eles falan de proxectos megalómanos moi na liña Baltar fillo (debe ser que eles teñen moito en común). Cando estalle a burbulla da deuda pública, cando as pensións non se podan soster, non sufran vostedes, porque os ríos estarán a salvo grazas a Baltar fillo e un sobriño dos Kennedy (eso de ser familiar de megalopoliticos dache un plus de xenética supremacista que permite estar por riba do ben e o mal, e minimizar a importancia das pensións públicas) http://www.laregion.es/articulo/ourense/baltar-asina-protocolo-robert-ke... [5]
Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/denunciacidada/megalomania-baltarista-do-pp
[2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/denunciacidada/megalomania-baltarista-do-pp
[3] whatsapp://send?text=A megalomanía baltarista do PP http://copecarballino.es/denunciacidada/megalomania-baltarista-do-pp
[4] https://copecarballino.es/print/48003
[5] http://www.laregion.es/articulo/ourense/baltar-asina-protocolo-robert-kennedy-protexer-rios-ourensans/20170514220141708326.html