Desenrolado por coroa.es
As carrozas dos entroidos de Cea e Parada de Amoeiro, e por suposto, os felos de Maside, foron os grandes protagonistas na tarde do lúns, na versión máis tradicional do entroido na comarca.
A Praza Maior de Cea quedouse pequena para acoller ás vinte carrozas que a primeira hora da tarde fixeron parada obrigada na vila do pan, tal como ordena a tradición do entroido nesta zona.
Xa á tardiña, a comitiva fixo entrada na vila de Maside, recibindo os parabéns do numeroso público congregado, e que antes xa tivera ocasión de ver aos felos e tamén a varias das comparsas da comarca, que tampouco faltaron á cita do entroido en Maside.
Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/o-entroido-mais-tradicional-triunfa-en-cea-e-maside
[2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/o-entroido-mais-tradicional-triunfa-en-cea-e-maside
[3] whatsapp://send?text=O entroido máis tradicional triunfa en Cea e Maside http://copecarballino.es/novas/o-entroido-mais-tradicional-triunfa-en-cea-e-maside
[4] https://copecarballino.es/print/48027