Desenrolado por coroa.es
O barista carballiñés Javier Vázquez Muradás representará a Galicia no Campeonato Nacional de Baristas, no Forum Cultural del Café, que se celebrará en Barcelona os días 16, 17, 18 e 19 de abril.
Javier Vázquez é campeón de Galicia dende o pasado mes de novembro, e a este certame nacional acudirá cunha modalidade de café guatemalteco que foi co que obtivo o triunfo no campeonato galego.
Javier Vázquez Muradás é un experto autodidacta en café. Rexenta dende hai catro anos o Mesón Os Portales, situado na rúa do Paseo, fronte á Praza Maior do Carballiño, e era a primeira vez que se presentaba a un concurso de baristas.
Para acadar o triunfo neste tipo de certames hai que elaborar o Mellor Expresso, o Mellor Capuccino a a Mellor Bebida na Especialidade de Café, que son as tres modalidades que se esixen nestes campeonatos. Isto require un profundo coñecemento da caste de café empregada, dende a súa orixe ata a presentación e degustación, pasando polo proceso de maduración, tostado, etc., así como pola descrición dos aromas.
Javier Muradás competirá con outros 16 baristas, en representación do resto das comunidades autónomas españolas.
Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/o-barista-carballines-javier-muradas-campion-autonomico-representara-galicia-no-campionato-de
[2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/o-barista-carballines-javier-muradas-campion-autonomico-representara-galicia-no-campionato-de
[3] whatsapp://send?text=O barista carballiñés Javier Muradás, campión autonómico, representará a Galicia no campionato de España http://copecarballino.es/novas/o-barista-carballines-javier-muradas-campion-autonomico-representara-galicia-no-campionato-de
[4] https://copecarballino.es/print/48112