Desenrolado por coroa.es
Os verdes resolveron en 9 inspirados minutos un partido que había que gañar sí ou sí, e fixerono entre os minutos 36 ao 44 marcando 3 goles que deron tranquilidade ao equipo e á grada antes de que chegase o descanso, na segunda parte outros dous goles para redondear o marcador co 5-0 final.
Non estaba cómodo o Arenteiro no partido e os minutos pasaban ata que por fin, esta vez si, nunha boa xogada en ataque dos verdes Iker Hurtado logra abrir a lata.
A partir dese momento todo foi máis fácil, porque en menos de 9 minutos chegarían os os outros dous goles da primeira parte, o segundo cun gran tiro dende fora da área de Rubén Arce, raso e axustado ao pau, minuto 43, e tan so un minuto despois, ao saque dun córner, Portela remata de cabeza no segundo pau o terceiro da tarde.
Na segunda metade Rubén Arce fixo o cuarto do Arenteiro e segundo na súa conta particular, minuto 70, e 10 minutos despois, outro saque de esquina sobre a portería do Villalonga que aproveita Vilachá para marcar de cabeza o derradeiro da tarde.
Neste partido despedíuse do equipo o xogador berciano do Arenteiro Borja, que por motivos persoais regresa á sua terra.
Para ver a ficha do partido podes facélo no seguinte enlace de FUTGAL: http://www.futgal.es/pnfg/NFG_CmpPartido?cod_primaria=1000120&CodActa=28... [5]
Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/folgada-victoria-do-arenteiro-ante-o-vilalonga-5-0
[2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/folgada-victoria-do-arenteiro-ante-o-vilalonga-5-0
[3] whatsapp://send?text=Folgada victoria do Arenteiro ante o Vilalonga, 5-0 http://copecarballino.es/novas/folgada-victoria-do-arenteiro-ante-o-vilalonga-5-0
[4] https://copecarballino.es/print/48116
[5] http://www.futgal.es/pnfg/NFG_CmpPartido?cod_primaria=1000120&CodActa=283928