Desenrolado por coroa.es
O concello do Carballiño anunciou a posta en marcha do Programa Apego, dirixido a promover o uso do galego no ámbito familiar dende a infancia.
Tras adherirse a esta iniciativa, da que forman parte actualmente 30 concellos galegos, díronse a coñecer os requisitos para formar parte do programa, e que son: estar empadroados no municipio do Carballiño e ter un fillo ou filla de ata seis anos como máximo.
Á presentación asistiu o concelleiro de Educacion e Cultura, Diego Fernández; o concelleiro de AV-SON, Bernardo Garcia, que presentou a moción para a adhesión ao programa Apego, e a primeira familia que solicita o acollemento ao programa, integrada por Melanie Rodríguez, Manoel Pérez e a súa filla Xoana, de seis meses.
Diego Fernández agradeceu a presencia e o interese desta familia por participar no programa, e fixo fincapé na importancia de fomentar o galego dende a infancia e que o programa Apego facilita as ferramentas para levalo a cabo. De aí que o concelleiro se amose orgulloso de que o concello se integrase no mesmo conxuntamente con outros 30 concellos ( en Ourense, a capital e O Carballiño) que dispoñen do servizo de normalización lingüística.
Finalmente, animou ás demáis familias carballiñesas con fillos de ata seis anos para que soliciten a adscrición a este programa, que se pode facer a través do Servizo de Normalización Lingüística municipal. Bernardo García tamén incidiu no compromiso do concello do Carballiño coa promoción do noso idioma, e referiuse á iniciativa do grupo AV-SON que, a través dunha moción, foi quen solicitou a adhesión ao programa Apego.
No acto presentouse parte do material didáctico que se entregará ás familias cos cativos de menor idade e o resto do material para a realización de actividades que se pode baixar da páxina web apego.gal.
Como feito curioso pode resaltarse que a mascota do programa é un pulpo, que leva o nome de polbo “Po”. A caixa que se entregará contén diverso material, e ademáis tamén se entregará un cd con cancións infantís. Así mesmo, participou neste acto a primeira familia que se acollerá ao programa no Carballiño, integrada por Manoel Pérez, Melanie Rodriguez e a súa filla, Xiana.
Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/o-concello-adhirese-ao-programa-apego-que-promove-lingua-galega-no-contexto-familiar-e-social
[2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/o-concello-adhirese-ao-programa-apego-que-promove-lingua-galega-no-contexto-familiar-e-social
[3] whatsapp://send?text=O concello adhírese ao Programa Apego, que promove a lingua galega no contexto familiar e social nos primeiros anos de vida http://copecarballino.es/novas/o-concello-adhirese-ao-programa-apego-que-promove-lingua-galega-no-contexto-familiar-e-social
[4] https://copecarballino.es/print/48122