Desenrolado por coroa.es
o que apuntaba bernardo garcía de AV-En Marea quédase bastante curto en canto as carencias e consecuentemente as necesidades do centro de saúde do carballiño
1) efectivamente falta un servizo de urxencias polas mañas dos dias laborables (de 8 a 15). Non podo ser que cando hay unha urxencia neste horario o medico e a enfermeira correspondente a dito paciente que se atopa mal de improviso teñan que sair e tarden no mellor dos casos 40 minutos en volver e mentras tanto o resto dos pacientes de dito medico quedan desantendidos ata a sua volta. Non será porque non hay medicos co mir no paro.
2) o servizo de odontoloxia da pena. encima que a prestación na seguridade social e casi inexistente (extraccions mas que nada) encima so hay un dentista, soamente de mañas, os mercores non traballa polo que ese día tampoco hai urxencias odontoloxicas, e se temos en conta que o servizo de odontoloxia non e soamente para veciños do carballiño senon que veñene pacientes de maside, cea, boboras, irixo, san amaro, etc pode pasar que pidas cita e teñas tranquilamente entre 12 e 15 dias de espera.
3) o servizo de fisioterapia tamen esta cada vez mais abandonado. recordo nos 90 e principios 00 a sala de espera estaba ateigada de xente e agora vas e non hai case ninguen. E non é precisamente porque a xente no se lesione, senon porque lle fan ir ao Hospital de Piñor. ¿Non se pode mellorar os equipos e a preparacion do personal sanitario desde servizo para que a xente non tiña que ir alí?
4) o psicologo antes viñas 2 veces a semana. Agora solo 1 e pacientes hai.
5) o xinecologo cada vez peor. so os martes e so un par de horas. moitas embarazadas teñen que ir polo privado ata a vispera de parto senón teñen que nas leven a ourense. lamentable.
6) o servicio de radiografia non funciona polas tardes. de que che serve ter o medico polas tardes se para facer unha radiografia tes que ir polo maña os dias seguintes.
7) non hai pediatra polas tardes. creo que non fai falta dicir nada máis. os nenos van mais a clase polas mañas ou polas tardes?
8) hai un desequilibrio notable entre medicos e enfermeiros de maña e tarde. 7 pola maña e 3 pola tarde soamente. e deses 10 so 3 teñen o cupo libre polo que o dereito de cambio de medico que supostamente garantiza o sergas pois queda en papel de borralla.
9) so hai unha exclusiva para o carballiño. a segunda e compartida para a comarca. Non e raro que te apopes mal, vaias ao PAC e non haxa ambulancia para levarta ao CHUO. e teñas que ir pola tua conta.
ainda recordo cando fai 15 anos se dicia todo o que se ia traer para o centro de saude: oculista, dermotologo, ecografias,...... Como cambiou o conto.
Eso sí, temos consulta de veterinario. Ole.
Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/denunciacidada/sobre-carencias-do-centro-de-saude-do-carballino
[2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/denunciacidada/sobre-carencias-do-centro-de-saude-do-carballino
[3] whatsapp://send?text=Sobre as carencias do centro de saúde do Carballiño http://copecarballino.es/denunciacidada/sobre-carencias-do-centro-de-saude-do-carballino
[4] https://copecarballino.es/print/48201