Desenrolado por coroa.es
Duro revés para os verdes en Espiñedo, tiveron varias ocasións de gol, e moi claras, para marcar pero a falta de puntería ante a portería rival volve ser unha excesiva condena para un Arenteiro negado ante o gol.
E outra vez volve a ser a historia que pudo ser e non foi, porque xa na primeira parte primeiro Iker e despois Igor puderon adiantar ao Arenteiro, pero os dianteiros locais fallaron, Iker nun man a man co porteiro visitante e Igor xa co meta batido.
Apenas unhos minutos antes do descanso, primeira xogada de mérito dos coruñeses e bingo, gol para irse a vestiarios con ventaxa visitante, e mazazo para os verdes.
Na segunda parte o Arenteiro saíu con decisión para revertír a situación, o equipo loitou pero sen recompensa, ata o punto de fallar incluso a portería vacía, sen dúbida a máis clara do partido nas botas de Vilachá. Antes, Pachi fixera o máis difícil ao evitar que o partido seguise vivo ao impedir que o Silva marcase de penalti.
Excesivo castigo para o Arenteiro e demasiádo premio os 3 puntos para o Silva, polo visto no cómputo dos 90 minutos.
Para ver a ficha do partido sigue o seguinte enlace: http://www.futgal.es/pnfg/NFG_CmpPartido?cod_primaria=1000120&CodActa=28... [5]
Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/falta-de-gol-volve-condenar-ao-arenteiro-esta-vez-ante-o-silva-0-1
[2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/falta-de-gol-volve-condenar-ao-arenteiro-esta-vez-ante-o-silva-0-1
[3] whatsapp://send?text=A falta de gol volve condenar ao Arenteiro, esta vez ante o Silva, 0-1. http://copecarballino.es/novas/falta-de-gol-volve-condenar-ao-arenteiro-esta-vez-ante-o-silva-0-1
[4] https://copecarballino.es/print/48215
[5] http://www.futgal.es/pnfg/NFG_CmpPartido?cod_primaria=1000120&CodActa=283959