Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (https://copecarballino.es)

Inicio > A Consellería de Infraestructuras e Vivenda colabora na mellora de rúas na vila de Leiro

26, Marzo 2018 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

A Xunta e o Concello de Leiro colaborarán na mellora das rúas Casanova e Leiro Pequeno mediante un investimento conxunto de 118.671 euros.

A conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, e o alcalde deste municipio, Francisco José Fernández, asinaron un convenio para o desenvolvemento destas actuacións.

Este acordo permitirá acometer as obras de acondicionamento do tramo inicial da rúa Casanova, que conecta coa praza da Pontiña e coa rúa Estévez Carrera, e o arranxo da rúa Leiro Pequeno, mellorando o acceso ao centro escolar e ao Centro Cívico.

Estas actuacións teñen como finalidade o mellor acondicionamento das vías para uso de tráfico rodado e peonil, dado que nestes momentos contan cun pavimento bastante deteriorado, con multitude de parches e fochas.

As actuacións que se van realizar permitirán dotar ás rúas de novo pavimento, revisar as redes de saneamento fecais e pluviais, preinstalar arquetas de rexistro e tubaxes para redes de telefonía ou similares e substituír as actuais luminarias por outras de menor consumo.

A Consellería de Infraestruturas e Vivenda achegará o 80% do custo da actuación (case 95.000 euros) e o 20 por cento restante o Concello de Leiro, con preto de 24.000 euros.

Con esta intervención, a Consellería de Infraestruturas e Vivenda, en colaboración co Concello de Leiro, trata de fomentar actuacións que resolvan problemas nas infraestruturas, coa finalidade dun desenvolvemento económico e social que aporte unha maior calidade de vida á cidadanía.

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:https://copecarballino.es/novas/conselleria-de-infraestructuras-e-vivenda-colabora-na-mellora-de-ruas-na-vila-de-leiro

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/conselleria-de-infraestructuras-e-vivenda-colabora-na-mellora-de-ruas-na-vila-de-leiro [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/conselleria-de-infraestructuras-e-vivenda-colabora-na-mellora-de-ruas-na-vila-de-leiro [3] whatsapp://send?text=A Consellería de Infraestructuras e Vivenda colabora na mellora de rúas na vila de Leiro http://copecarballino.es/novas/conselleria-de-infraestructuras-e-vivenda-colabora-na-mellora-de-ruas-na-vila-de-leiro [4] https://copecarballino.es/print/48216