Desenrolado por coroa.es
En 30 anos sempre se impartiron os mesmos estudios no IES Chamoso Lamas (antigo politecnico). Debemos ser o pobo de Galicia con mais administrativos, electricistas e mecanicos de automobil por metro cadrado. Pero hoxe dia xa non reflexa as necesidades da sociedade carballiñesa. Proba é que as clases deses estudos estan pola metade ou incluso menos de 25% da súa capacidade. Iso pola parte da formación regrada. Pero é que pola parta da formación ocupacional a situación é idéntica. Vas a oficina de emprego e todolos anos os mesmos cursiños de socorrista acuático en Maside e o de oficinista na academia de turno. E con un pouco de sorte o de atencion sociosanitaria na mancomunidade.
Hai que actualizar a oferta de estudios académicos e profesionais XA!
Non pode ser que sexamos un dos pobos de España con mais bares-cafeterias-restaurantes mail alto de España, e se queres estudiar hostelería a certo nivel teñas que ir a Vilamarín ou a Santiago.
Non pode ser que teñamos un volume importante de traballadores agro-forestais e que teñas que ir a Xinzo a estudiar iso.
Non pode ser que teñamos 2 empresas punteiras do metal que demandan un gran numero de soldadores e teñas que ir a Vigo a estudiar soldadura e calderería.
Non pode ser que teñamos empresas importantes de madeira e non se poda estudiar nada de iso no Carballiño.
Non pode ser que teñamos varias empresas de imprentas e artes graficas e non haxa formacion diso.
Non pode ser que tendo xeriatricos e residencias de maiores en toda a comarca non poidas formarte diso mais ala dalgun curso de curta duracion no ambito do servizo publico de emprego (cando o sacan).
En 30 anos cambiaron moitas necesidades pero algunhas cousas parece que non cambian. Os noso veciños de Ribadavia por exemplo si fixeron os seus deberes e xa conseguiron novos estudios no seu caso de Vitivinicultura porque viron que esa era o sector que tiraba por alí. Nos debemos facer o mesmo na nosa comarca pero non parece que as institución ou o director do Chamoso Lamas estean moito pola labor de falar coa Consellería para pedir novas oportunidades.
Seguiremos formando electricistas, mecanicos e oficinistas para encher as baldosas de toda Galicia ainda que non fagan falta.
Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/denunciacidada/sin-apenas-opciones-formativas-en-carballino
[2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/denunciacidada/sin-apenas-opciones-formativas-en-carballino
[3] whatsapp://send?text=Sin apenas opciones formativas en Carballiño http://copecarballino.es/denunciacidada/sin-apenas-opciones-formativas-en-carballino
[4] https://copecarballino.es/print/48249