Desenrolado por coroa.es
Os datos publicados pola Dirección Xeral da Vivenda e O Solo do Ministerio de Fomento non deixa lugar a dúbidas: continuúa en picado o número de transaccións inmobiliarias no municipio do Carballiño, ata caer a mínimos históricos que non se recordan dende que existen datos estadísticos.
Do balance relativo a 2017 despréndese que sigue descendendo a compra-venda de pisos e casas no municipio carballiñés, cun novo retroceso do 7,78% menos que no ano 2016.
O número total de transaccións de vivenda no ano 2017 no concello do Carballiño foi de 83.
Unha tendencia á baixa que pareceía ter tocado fondo, pero que outro ano máis sigue sendo negativo en relación ao ano anterior. Lonxe vai quedando a última época dourada do sector inmobiliario no municipio carballiñés, entre os anos 2006 ao 2008, cando chegaron a alcanzarse as 400 transaccións inmobiliarias anualmente.
Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/compra-venda-de-vivendas-cae-minimos-historicos-no-municipio-do-carballino
[2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/compra-venda-de-vivendas-cae-minimos-historicos-no-municipio-do-carballino
[3] whatsapp://send?text=A compra-venda de vivendas cae a mínimos históricos no municipio do Carballiño http://copecarballino.es/novas/compra-venda-de-vivendas-cae-minimos-historicos-no-municipio-do-carballino
[4] https://copecarballino.es/print/48279