Desenrolado por coroa.es
O Partido Popular recorda que "o pasado día 13, presentouse por rexistro diversas preguntas sobre o que estaba a acontecer na Avda. De Julio Rodríguez Soto do Carballiño, sobre a substitución dunhas 20 camelias que foron retiradas do seu emprazamento por unha empresa privada".
Manifestan que a dia de hoxe continúan sen ter resposta da existencia dun proxecto medioambiental ou técnico que garanta a conveniencia do cámbeo destas árbores, nin tampouco do procedemento administrativo para a súa contratación a través dunha empresa privada.
"Non sabemos quen fixo o servizo e canto lle costou ao Concello, e por suposto, tampouco cal é o destino das camelias retiradas. Por declaracións públicas da concelleira de Medio Ambiente, Erika Paz, estaban buscando un lugar para reubicar estas camelias", manifestan.
E engaden "agora, temos constancia da aparición de destas camelias e macetas nunha finca privada no pobo de O Lago, no Municipio de Maside, na que se pode observar incluso un maltrato a estas árbores no seu traslado".
Consideran dende o Partido Popular que "o Concello do Carballiño ten espazo dabondo onde albergar-las provisionalmente en calquera das súas instalacións ou fincas, sen necesidades de levalas a unha finca privada dun Concello lindeiro".
Tamén afirman "descoñecer de quen é a finca e a súa actividade, descoñecemos o seu destino, e descoñecemos porqué esta ubicación, pero engadimos estas preguntas agora ás xa rexistradas anteriormente, pois queremos saber, de quen é a finca e a relación que pode ter co acontecido, así como quen lle levou ata alí as camelias e macetas, e con que fin".
Tamén tendo en conta que aquí non están a totalidade das camelia, esixen saber de forma inmediata a ubicación exacta de todas elas.
En todo caso, entenden que "estáse a demostrar as sospeitas de que todo o acontecido, non obedece mais que a unha TRAMA da concelleira de medio ambiente, e visto o visto, todo apunta incluso a unha improvisación que podería acarrear un delito medioambiental".
E finalmente, anuncian dende o Partido Popular que reservan "máis apreciacións ata ter aclaracións a todo o acontecido".
Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/o-partido-popular-localiza-nunha-finca-privada-do-lago-os-camelios-de-julio-rguez-soto-e-esixe
[2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/o-partido-popular-localiza-nunha-finca-privada-do-lago-os-camelios-de-julio-rguez-soto-e-esixe
[3] whatsapp://send?text=O Partido Popular localiza nunha finca privada do Lago os camelios de Julio Rguez Soto e esixe explicacións http://copecarballino.es/novas/o-partido-popular-localiza-nunha-finca-privada-do-lago-os-camelios-de-julio-rguez-soto-e-esixe
[4] https://copecarballino.es/print/48323