Desenrolado por coroa.es
Os dezaoito establecementos hostaleiros que participan na Ruta das Tapas ofrecerán este venres, 4 de maio, e o seguinte, 11 de maio, unha ampla variedade de pinchos elaborados a base de productos propios da gastronomía galega, na que prevalece o pulpo, e de feito, un dos pratos máis novidosos é un carpacho de pulpo con xeado de pulpo.
O evento foi presentado este mediodía nun acto que se celebrou na Praza da Veracruz coa asistencia do alcalde, Francisco Fumega; o concelleiro de Turismo, Manuel Dacal; o concelleiro de Cultura, Diego Fernández; a xerente do Centro Comercial Aberto, Noelia Mares, e representantes dos restaurantes, bares e mesóns que forman parte desta iniciativa.
Na presentación púxose de manifesto o éxito desta tempada e incidiuse na posibilidade de seguir obtendo importantes premios directos ou mediante sorteo. Por iso convidan aos veciños e visitantes a degustar este venres, a partir das 8 da tarde, estas tapas ao prezo de 1,50 euros cada unha.
Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/ruta-das-tapas-despide-tempada-coa-gastronomia-galega-como-protagonista
[2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/ruta-das-tapas-despide-tempada-coa-gastronomia-galega-como-protagonista
[3] whatsapp://send?text=A
[4] https://copecarballino.es/print/48353