Desenrolado por coroa.es
O Arenteiro remata a liga no posto 14 da clasificación tras gañar 0-2 ao Cultural Areas, polo que os verdes logran evitar os dous postos de arrastre polos descensos dende a Segunda B de Cerceda e o histórico Racing de Ferrol, tan so toca esperar que o Coruxo gañe a promoción de descenso, se eso non ocurrise habería que agardar un ascenso dun dos 4 equipos galegos que promocionan á Segunda B, para asegurar definitivamente a presenza do Arenteiro na terceira división para a vindeira tempada.
No partido que baixaba o telón da liga no campo da Lomba de Ponteareas, os verdes fixeron un partido moi serio, e tanto que apenas pasaron por apuros ante un Cultural Areas que tamén se xogaba bastante, xa que ao perder podería meterse en descenso directo, o que finalmente non ocurríu porque Noia e Negreira perderon os seus respectivos partidos.
Carlos de Dios adiantou no primeiro tempo ao Arenteiro ao finalizar unha boa xogada en ataque dos verdes, e na segunda parte un gol en propia meta do Areas, foi a sentencia definitiva.
O Arenteiro non estivo so neste transcendental partido, xa que a maioria dos afeccionados que se deron cita no campo da Lomba foron os desplazados dende O Carballiño, que ao final festexaron o triunfo do equipo, sabedores das grandes posiblidades que hai para que o Arenteiro siga tamén o ano que ven na terceira división.
Para ver a ficha do partido, sigue o seguinte enlace: http://www.futgal.es/pnfg/NFG_CmpPartido?cod_primaria=1000120&CodActa=28... [5]
Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/o-arenteiro-gana-no-campo-do-cultural-areas-e-aumenta-suas-posiblidades-de-seguir-na-terceira
[2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/o-arenteiro-gana-no-campo-do-cultural-areas-e-aumenta-suas-posiblidades-de-seguir-na-terceira
[3] whatsapp://send?text=O Arenteiro gaña no campo do Cultural Areas e aumenta as súas posiblidades de seguir na terceira división http://copecarballino.es/novas/o-arenteiro-gana-no-campo-do-cultural-areas-e-aumenta-suas-posiblidades-de-seguir-na-terceira
[4] https://copecarballino.es/print/48388
[5] http://www.futgal.es/pnfg/NFG_CmpPartido?cod_primaria=1000120&CodActa=284032