Desenrolado por coroa.es
Cinco persoas resultaron feridas esta tarde -sobre as 17:30 horas- nunha colisión entre unha ambulancia e un coche en Boborás. Segundo os datos facilitados ao 112 Galicia, dúas das vítimas, que viaxaban no vehículo medicalizado, tiveron que ser excarceradas polos Bombeiros do Carballiño.
A ambulancia quedou envorcada tras o choque frontal co turismo, transportaba a dúas persoas enfermas.
Ata o lugar onde ocorreu o accidente, o punto quilométrico 31 da N-541, desprazouse o helicóptero medicalizado con base en Ourense, aínda que as persoas feridas foron finalmente evacuadas en ambulancia.
Unha persoa particular contactaba co 112 Galicia ás 17:35 horas para dar conta do accidente. Acto seguido, dende o CIAE 112 Galicia pasábase o aviso ao 061-Urxencias Sanitarias, aos Bombeiros do Carballiño, á Garda Civil de Tráfico e ao GES de Avión.
Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/cinco-persoas-feridas-tras-unha-colision-entre-unha-ambulancia-e-un-turismo-na-n-541
[2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/cinco-persoas-feridas-tras-unha-colision-entre-unha-ambulancia-e-un-turismo-na-n-541
[3] whatsapp://send?text=Cinco persoas feridas tras unha colisión entre unha ambulancia e un turismo na N-541 http://copecarballino.es/novas/cinco-persoas-feridas-tras-unha-colision-entre-unha-ambulancia-e-un-turismo-na-n-541
[4] https://copecarballino.es/print/48390