Desenrolado por coroa.es
O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, visitou o concello de Avión, onde se reuniu co alcalde do municipio, Antonio Montero, e con concelleiros do equipo de goberno local.
No encontro analizaron os investimentos que a Deputación de Ourense destina en cooperación co Concello de Avión a proxectos sociais e deportivos, como o centro de día e a piscina municipal, e tamén valoraron vindeiras iniciativas que se levarán a cabo entre ámbalas dúas administracións, referidas á mellora de infraestruturas viarias e de equipamentos comunitarios.
O obxectivo, segundo explicou Manuel Baltar é "seguir ofrecendo os niveis de máxima calidade na prestación de servizos públicos".
Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/deputacion-e-concello-proxectan-novas-obras-de-mellora-de-infraestructuras-e-equipamentos-no
[2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/deputacion-e-concello-proxectan-novas-obras-de-mellora-de-infraestructuras-e-equipamentos-no
[3] whatsapp://send?text=Deputación e Concello proxectan novas obras de mellora de infraestructuras e equipamentos no municipio http://copecarballino.es/novas/deputacion-e-concello-proxectan-novas-obras-de-mellora-de-infraestructuras-e-equipamentos-no
[4] https://copecarballino.es/print/48402