Desenrolado por coroa.es
Son en total 77 parroquias en toda Galicia, das que cinco se localizan na Comarca do Carballiño, e nas que Medio Rural controlará sobre o terreo esta problemática dos lumes.
Trátase das Parroquias de Alta Actividade Incendiaria -PAAI- consideradas como tal no PLADIGA 2018 da Xunta de Galicia.
No territorio comarcal figuran nesta relación as parroquias de Vales e Covas, ambas no concello de San Cristovo de Cea, outra parroquia no concello de Piñor, a da Corna. No concello de Boborás figura como de alto risco incendiario a parroquia de Xurenzás, e a de Lobás no municipio do Carballiño.
A partir desta semana faránse reunións de estudo e control da actividade incendiaria, nas que participarán técnicos de Medio Rurtal, alcaldes e responsables municipais, representantes das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado, asi como axentes públicos e privados con presenza nas zonas afectadas.
Faránse avaliacións das principais causas, consecuencias e peculariedades da actividade incendiaria en cada unha destas parroquias, procurando mellorar os mecanismos e a coordenación en materia de prevención, disuasión, extinción e investigación dos lumes, reforzando a cooperación dos corpos policiais.
Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/cinco-parroquias-da-comarca-catalogadas-como-de-alta-actividade-incendiaria-paai-no-pladiga
[2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/cinco-parroquias-da-comarca-catalogadas-como-de-alta-actividade-incendiaria-paai-no-pladiga
[3] whatsapp://send?text=Cinco parroquias da Comarca catalogadas como de alta actividade incendiaria -PAAI- no PLADIGA 2018 http://copecarballino.es/novas/cinco-parroquias-da-comarca-catalogadas-como-de-alta-actividade-incendiaria-paai-no-pladiga
[4] https://copecarballino.es/print/48431