Desenrolado por coroa.es
Di agora Argimiro que non se presenta como candidato nas próximas eleccións. O que me parece ben, cada un ten dereito a facerse a un lado da vida política. Pero o que non é de recibo, e que teña que teledirixir un proceso que debería ser democrático e no que non deberían existir inxerencias de terceiros, e moito menos dun ex alcalde e dun ex candidato.
A lectura que deixa esta inxerencia de Argimiro neste proceso de "renovación" do PP é pouco esperanzadora para a travesía polo deserto que lle agarda ao PP do Carballiño e ao PP en xeral.
Semella que calca o modelo Baltar: Baltar fillo por Baltar pai. Semella que o PP é propiedade de certas familias que gozan da nuda propiedade dun partido en descomposición. Antaño gozaban tamén do usufructo, pero non lle arrendo as ganancias dun partido podre, que cheira a podre, e que todo o mundo coñece a estas alturas que é podre.
O baltarato (pai e fillo) xa foi copiado por Marnotes. E agora, fiel ao modelo, fai as súas inxerencias avogando por un fillo do que tamén fora alcalde en tempos de Franco.
Todo o meu respecto polo novo candidato, que pode ser excelente o tempo dirao. Pero a actitude do candidato saínte merece a máis enérxica crítica. Deixa en ridículo a todo unha equipa que estivo con él as duras e as maduras, e atranca as lexítimas ambicións políticas e os froitos deste traballo. Xa sabemos que os castings do PP son puramente xenéticos. Pero no están os tempos pra facelos con tan pouco decoro.
Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/denunciacidada/sobre-os-castings-do-pp
[2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/denunciacidada/sobre-os-castings-do-pp
[3] whatsapp://send?text=Sobre os castings do PP http://copecarballino.es/denunciacidada/sobre-os-castings-do-pp
[4] https://copecarballino.es/print/48450