Desenrolado por coroa.es
Rematou a renovación da zona de xogos infantís do Parque Municipal. A reforma, levada a cabo pola concellería de Medio Ambiente que coordina Érika Paz, consistiu no rediseño do espazo, na instalación de novos xogos e na rehabilitación doutros xa existentes.
Así, o parque infantil quedou redistribuido en tres espazos de xogos, cercados por rollizos de madeira e co chan de area; instalouse un novo conxunto multixogos e novos columpios, e procedeuse á restauración doutro conxunto multixogos e unha casiña que se reubicou nun novo espazo pensado para os máis pequeniños.
Este parque infantil, que é moi visitado polas familias durante o verán, atopábase en mal estado dende había tempo, con xogos moi deteriorados e uns espazos pouco adecuados para o disfrute e a seguridade dos nenos, e de aí que a remodelación era unha cuestión prioritaria.
Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/aberta-zona-de-xogos-infantis-do-parque-municipal-tras-sua-reforma
[2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/aberta-zona-de-xogos-infantis-do-parque-municipal-tras-sua-reforma
[3] whatsapp://send?text=Aberta a zona de xogos infantís do parque municipal, tras a súa reforma http://copecarballino.es/novas/aberta-zona-de-xogos-infantis-do-parque-municipal-tras-sua-reforma
[4] https://copecarballino.es/print/48504