Desenrolado por coroa.es
Agora din estes que os mananciais andan secos. E que o caudal do río mermou moi considerablemente. Están tan afeitos a mentir como bellacos que xa perderon o sentido do ridículo ¡Esta si que é boa! Despois de chamar planta de reciclaxe a unha incineradora de neumáticos agora resulta que os caudais e os mananciais andan secos.
Secos de neuronas deben andar algunhas testas. Mirade, o problema da auga en Maside non é de caudais (salvo certas excepcións estacionais e moi concretas). É de que moita xente xa dende tempos do Benigno (16 anos) e nestes tempos (casi 12) colle roubada a auga pra regar as fincas no período estival. E nin eses que poñen a dedo a candidatos títeres, nin vos, que vivides nunha realidade paralela que vos interesa pra os vosos business, sodes capaces de dar unha solución real a esta problemática. Vos quixéstelo arranxar privatizando a auga, que tampouco é unha solución.
Hoxe por hoxe os mananciais non están baleiros, pero probablemente estean atestados de metais pesados polos residuos da construcción que se enterran, de momento con total impunidade, e coa connivencia do goberno local.
Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/denunciacidada/os-delirios-do-goberno-masidao
[2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/denunciacidada/os-delirios-do-goberno-masidao
[3] whatsapp://send?text=Os delirios do goberno masidao http://copecarballino.es/denunciacidada/os-delirios-do-goberno-masidao
[4] https://copecarballino.es/print/48573