Desenrolado por coroa.es
O grupo municipal do BNG no concello carballiñés presentará esta petición por medio dunha moción polo trámite de urxencia no pleno que celebrará este xoves dia 12 de Xullo a corporación municipal, según avanzou o portavoz Chema Ferreiro.
Según a propia documentación aportada polo grupo nacionalista, baseada en informacións periodísticas da época, a distinción a fora concedida pola corporación do Carballiño o dia 29 de Agosto de 1958, e fora recibida por Francisco Franco o dia 27 de Setembro de 1961 no transcurso dunha visita a O Carballiño, nunha xornada na que fora recibido na casa do concello e procedera a inauguración da piscifactoria e a residencia "General Moscardó", actúal residencia de Tempo Libre.
A moción de reparación pide que se retire a distinción honorífica concedida ao dictador e esixe a súa devolución á Fundación Francisco Franco.
O BNG tamén defenderá neste mesmo pleno outra moción na que se pide declarar como persoas non gratas no municipio do Carballiño aos integrantes da manada.
A concelleira Sofía García tamén deu a coñecer outra moción que, tamén pola via da urxencia xa que non foi incluida na orden do dia, espera poder tratar nesta mesma sesión de pleno e relativa a necesidade de aumento de prazas no servizo de comedor escolar no colexio da Uceira, con vistas ao vindeiro curso 2018-2019.
Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/o-bng-pide-un-acordo-do-pleno-da-corporacion-para-que-se-retire-medalla-de-ouro-do-carballino
[2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/o-bng-pide-un-acordo-do-pleno-da-corporacion-para-que-se-retire-medalla-de-ouro-do-carballino
[3] whatsapp://send?text=O BNG pide un acordo do pleno da corporación para que se retire a
[4] https://copecarballino.es/print/48602