Desenrolado por coroa.es
Nacido no pobo de Garabás, fai 90 anos, o poeta faleceu na mañá deste martes 24 de Xullo, tras pasar unhos dias ingresado no Complexo Hospitalario de Ourense.
A Fundación "Insua dos Poetas" programara para este próximo sábadodia 28 de Xullo unha homenaxe a Victor Campio Pereira no marco da "X Festa da Palabra", unha homenaxe que se mantén "e que se fará agora aínda con moita máis emoción tras o seu pasamento", dixo nesta emisora de radio o presidente da Fundación Insua dos Poetas, Luis González Tosar.
Nesta homenaxe ao poeta masidao intervirán Victor Viñal, Alba Cid, Pablo Rubén Eiré e o propio Tosar. Como mantedor desta "X Festa da Palabra" actuará o escritor Xosé Luis Méndez Ferrín.
Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/falece-o-poeta-victor-campio-fillo-predilecto-do-concello-de-maside-o-sabado-sera-homenaxeado
[2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/falece-o-poeta-victor-campio-fillo-predilecto-do-concello-de-maside-o-sabado-sera-homenaxeado
[3] whatsapp://send?text=Falece o poeta Victor Campio, fillo predilecto do concello de Maside. O Sábado será homenaxeado na Festa da Palabra, na Insua dos Poetas http://copecarballino.es/novas/falece-o-poeta-victor-campio-fillo-predilecto-do-concello-de-maside-o-sabado-sera-homenaxeado
[4] https://copecarballino.es/print/48657