Desenrolado por coroa.es
Este sábado pasado día 8 de setembro, unha vez máis tivemos que soportar as inundacións na avda. de Compostela, a altura da rúa Piñor. Coma últimamente dixeran que xa se arranxara este tema, quero deixar constancia deste desastre que dende o ano 2008 levamos sufrindo os veciños desta zona, que parece ser que non existimos para a corporación local (ésta e a anterior). Será que non temos bares nin restaurantes e polo tanto non importamos...É ben sabido que últimamente este Concello só se adica a festa e máis festa, pero tamén hai que mirar polos veciños que ó final somos os que pagamos impostos e votamos. Aínda que visto lo visto...xa non se sabe a quén votar .Hai que recoñecer que pasan máis a menudo coa escoba-móvil, pero esto non é suficiente como para arranxar o problema das anegacións desta Avenida. Deixense de tanto antroido e tanta festa que xa parecemos unha república bananera, na que sempre gañan os mesmos. Intenten crear emprego (non só postos precarios de camareros e en negro) e fagan autocrítica, facendo algo máis polos veciños. A ver si temos sorte e como veñen as eleccións fan algo con este problema. "Absténganse" de promesas que xa se sabe que a partires de agora todo vai ser moi bonito... ata pasar as votacións...E xa se sa -be: antes de meter , mucho prometido e despois de meter nada de lo prometido...Lo dicho: A traballar un pouco.
Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/denunciacidada/festa-e-festa-e-casa-sen-barrer
[2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/denunciacidada/festa-e-festa-e-casa-sen-barrer
[3] whatsapp://send?text=FESTA E FESTA E A CASA SEN BARRER http://copecarballino.es/denunciacidada/festa-e-festa-e-casa-sen-barrer
[4] https://copecarballino.es/print/48832