Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (https://copecarballino.es)

Inicio > Falece aos 64 anos o escritor e investigador Elixio Villaverde García, natural do Irixo

14, Setembro 2018 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

Natural do lugar da Ponte -6 de Abril de 1954- Elixio Villaverde foi promotor e animador de distintas iniciativas culturais e sociais no concello do Irixo, nos anos 70 e 80 do século pasado.

Doutor en Historia pola Universidade de Santiago de Compostela coa tese "La emigración gallega a México 1878-1936", exerceu a docencia e colabou como articulista con distintos medios galegos, destacando a súa aportación como investigador sobre a temática migratoria, que podemos encontar na "Gran Enciclopedia Gallega".

Como escritor, deixanos varias publicacións, sendo merecedor do premio Vicente Risco de cencias sociais. De temática local é "A Terra de Orcellón e O Irixo", editado en 1986.

Este sábado´dia 15 de Setembro ao mediodia recibirá sepultura no cemiterio da súa parroquia natal, Santa María do Campo. O Cadáver vélase no Tanatorio Veracruz, no polígono industrial da Uceira - O Carballiño.

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:https://copecarballino.es/novas/falece-aos-64-anos-o-escritor-e-investigador-elixio-villaverde-garcia-natural-do-irixo

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/falece-aos-64-anos-o-escritor-e-investigador-elixio-villaverde-garcia-natural-do-irixo [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/falece-aos-64-anos-o-escritor-e-investigador-elixio-villaverde-garcia-natural-do-irixo [3] whatsapp://send?text=Falece aos 64 anos o escritor e investigador Elixio Villaverde García, natural do Irixo http://copecarballino.es/novas/falece-aos-64-anos-o-escritor-e-investigador-elixio-villaverde-garcia-natural-do-irixo [4] https://copecarballino.es/print/48847