Desenrolado por coroa.es
O Concello de Boborás co apoio da Deputación de Ourense presentou hoxe un traballo audiovisual para promocionar a riqueza turística, histórica e natural deste municipio ourensán, destacado pola importancia dos seus vestixios históricos e etnográficos.
O vídeo, baixo o lema "Boborás, arte e natureza", ofrece un percorrido polo arte, as construcións medievais, as termas, a arqueoloxía, a historia e a singularidade dos recursos naturais e medioambientais que ten este concello.
A presentación, que tivo lugar no Pazo Provincial, contou coa participación do vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; da concelleira de Cultura, Turismo e Deporte de Boborás, Patricia Torres; e do coordinador do Plan Director de Turismo de Boborás, Emilio Cuiñas. Rosendo Fernández destacou "o grande berce histórico de Boborás, un territorio no que conflúen etnografía, tradición, cultura e un patrimonio histórico-artístico dos máis importantes, algo que é labor de todos seguir potenciando e defendendo".
O vídeo, que será difundido polas redes sociais, segundo explicou Patricia Torres, pode visionarse na dirección web: https://m.youtube.com/watch?v=5PS2s9HddpI&feature=youtu.be [5]
Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/o-concello-de-boboras-promociona-cun-video-riqueza-turistica-artistica-e-natural
[2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/o-concello-de-boboras-promociona-cun-video-riqueza-turistica-artistica-e-natural
[3] whatsapp://send?text=O concello de Boborás promociona cun vídeo a riqueza turística, artística e natural http://copecarballino.es/novas/o-concello-de-boboras-promociona-cun-video-riqueza-turistica-artistica-e-natural
[4] https://copecarballino.es/print/48880
[5] https://m.youtube.com/watch?v=5PS2s9HddpI&feature=youtu.be