Desenrolado por coroa.es
Luis Piedrahita, un dos mellores humoristas españoles, abrirá o domingo, 2 de decembro, a nova tempada do ciclo de humor “CarballiñoComedy4”, que foi presentado esta mañá polo concelleiro de Cultura, Diego Fernández, e o responsable da compañía promotora Moitamerda Promocións, Juan Pablo Quintela.
O cartel complétase con outros cinco grandes humoristas: JJ Vaquero (sábado, 12 de xaneiro), El Monaguillo (sábado, 2 de febreiro), Luis Zahera (sábado, 16 de marzo) e Miguel Lago (domingo, 5 de maio).
Trátase dun dos mellores programas das catro edicións, segundo aseguraron Fernández e Quintela. Piedrahita ven ao Carballiño como fin da xira que realiza actualmente baixo o título de “Las amígdalas de mis amígdalas son mis amígdalas”, con cheo absoluto en todas as funcións. Vaquero virá acompañado polo tamén humorista Chema Trueba, e El Monaguillo estrenará na provincia de Ourense o seu novo monólogo “Solo lo veo yo”. O actor galego Luis Zahera, que na actualidade desenvolve un papel relevante xunto a José Coronado na serie de Telecinco “Vivir sin permiso”, monologará sobre os papeis que o caracterizan de “malo-malísimo das películas”.
As entradas anticipadas para o espectáculo de Luis Piedrahita xa se poden adquirir no restaurante Comonacasa ou en Ataquilla.com, ao prezo de 18 euros máis gastos de xestión. Na taquilla o prezo será de 20 euros.
As entradas para os demáis monólogos tamén se poderan adquirir de xeito anticipado no restaurante Comonacasa ou en www.wotick.es [5] e terán un custo de 10 euros máis gastos de xestión. Na taquilla o prezo será de 13 euros.
Juan Pablo Quintela dixo que era o cartel máis difícil de conformar, pois trátase de figuras que non e fácil xuntar nun mesmo ciclo. Tamén dixo que O Carballiño era a única vila galega na que este ciclo acadaba a cuarta edición, polo que amosou o seu agradecemento ao concello e ao concelleiro de Cultura.
Diego Fernández amosou a súa satisfacción por traer de novo ao Carballiño un cartel de humoristas tan espectacular como o desta nova tempada, superando incluso as anteriores, o que convertirá á nosa vila nun referente dos ciclos de humor en Galicia. Tamén desexou que se repita o éxito das edicións pasadas, nas que houbo prácticamente cheo en todas as funcións. Finalmente, agradeceu á compañía Moitamerda promocións que sigan apostando polo Carballiño como unha das vilas preferentes para traer os seus espectáculos, que doutro xeito só se poderian ver nalgunhas capitais.
Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/piedrahita-jj-vaquero-el-monaguillo-luis-zahera-e-miguel-lago-na-cuarta-edicion-do-carballino
[2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/piedrahita-jj-vaquero-el-monaguillo-luis-zahera-e-miguel-lago-na-cuarta-edicion-do-carballino
[3] whatsapp://send?text=Piedrahita, JJ Vaquero, El Monaguillo, Luis Zahera e Miguel Lago, na cuarta edición do
[4] https://copecarballino.es/print/48996
[5] http://www.wotick.es