Desenrolado por coroa.es
Bernardo García e Manuel Nogueira anunciaron que esta formación política pedirá ante o pleno da corporación municipal "a retirada do salario que cobra o concelleiro de cultura pola súa dedicación de media xornada ao concello".
Alternativa Veciñal xustifica esta petición pola "nesfasta xestión da biblioteca" e culpa directamente ao concelleiro da deficiente atención derivada da falla de personal cualificado para atender este servizo de bilblioteca, manifestando que "en varias ocasións pedimos o horario laboral dos dous traballadores que atenden a biblioteca e nunca se nos díu, agora incluso trascende que un deles non cumple as funcións que lle foron encomendas e mesmo hai unha denuncia por posible violación de protección de datos".
Recordan que "dende que se xubilou o bibliotecario titular, e desto fai varios anos, o concello segue sen cubir a vacante, e na RPT aprobada recentemente non figuraba cubrir esta vacante e adscribironse dous traballadores non especializados para esta función".
Considera Alternativa Veciñal que "ésta é unha mostra máis da política de persoal do actúal goberno e dos anteriores, a política do enchufe como método de ingreso na admisntración local, Fumega sigue coas prácticas que levaron a excaldes e exconcelleiros a estar pendientes da xustiza por este mesmo motivo".
"O personal do concello ten que entrar pola vía da oposición para garantír a cualificación no posto de traballo, a estabilidade laboral e a actualización de salarios, o que redundará unha prestación correcta dos servizos á cidadanía, que os paga vía impostos", remarcan.
Finalmente, Alternativa Veciñal-En Marea esixe que se cubra a vacente de bibliotecario e se efectúen as obras necesarias para adecuar as instalacións, que "arrastran deficiencias a pesar da intervención feita polo obradoiro de emprego no último ano", conclúen.
Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/alternativa-vecinal-denuncia-nefasta-xestion-da-biblioteca-municipal-do-carballino
[2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/alternativa-vecinal-denuncia-nefasta-xestion-da-biblioteca-municipal-do-carballino
[3] whatsapp://send?text=Alternativa Veciñal denuncia a
[4] https://copecarballino.es/print/49047