Desenrolado por coroa.es
LA SIRENITA, EL MUSICAL, chega o sábado 10 de novembro ás 17 h , ao Auditorio do Carballiño. Mergullarase ata as profundidades do mar para facer gozar a grandes e pequenos coa SIRENITA, UNHA AVENTURA ECOLÓXICA, un gran musical producido por Candileja producións para toda a familia onde os personaxes que creou o escritor Hans Christian Andersen cóntannos esta divertida aventura que vai desde o mar ata a terra achegando valores como o agarimo pola natureza e a importancia do seu coidado mediante a reciclaxe.
O musical foi valorado como un dos mellores espectáculos para toda a familia grazas á súa mensaxe e calidade artística. Escrito e dirixido por Jesús Sanz-Sebastián, gañador do premio CREA nos premios do Teatro Musical, o espectáculo conta cunha coidada posta en escena, marabillosos vestiarios e voces en directo que crearán momentos inesquecibles; todo a ritmo de grandes números musicais que van desde o pop ao soul.
SINOPSE:
O novo príncipe Andersen non sabe que facer para remediar o mal causado polo ser humano durante centos de anos á Natureza pero todo cambia cando Pelo, unha nova sirena que cada noite observa ao príncipe, arrisca a súa vida converténdose en humana para revelar a Andersen todos os segredos sobre a reciclaxe. Pero para iso, debe pactar coa bruxa do mar: terá tres días para conseguir o amor do príncipe ou se converterá en escuma de mar.
Venda de entradas
Venda anticipada de entradas en Ataquilla.com ao prezo de 12 euros, ou na taquilla do auditorio o mesmo día da función.
Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/la-sirenita-el-musical-chega-este-sabado-ao-auditorio-do-carballino-venda-anticipada-de
[2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/la-sirenita-el-musical-chega-este-sabado-ao-auditorio-do-carballino-venda-anticipada-de
[3] whatsapp://send?text=
[4] https://copecarballino.es/print/49076