Desenrolado por coroa.es
O Centro de Información da Muller do Carballiño puxo en marcha unha experiencia piloto de ámbito comarcal con motivo das actividades programadas dentro da conmemoración do Día Internacional contra a Violencia de Xénero.
Así, o CIM do Carballiño, que está adscrito a concellería de Benestar Social, Iguadade e Sanidade, que coordina Marina Ortega, acudiu onte a Maside onde comezou unha serie de aulas taller formativas sobre violencia de xénero.
En concreto, nesta primeira experiencia participou o alumnado de 5º e 6º de primaria desta localidade, e está prevista unha segunda convocatoria para o alumnado de 1º da ESO, tamén de Maside.
Estes obradoiros, que son impartidos pola psicóloga e a asesora xurídica do CIM, desenvólvense dun xeito dinámico e interactivo, sendo un modelo de formación dirixido a captar e sensibilizar a mocidade sobre este tipo de violencia mentres reflexiona pero e ao mesmo tempo se divirte.
VIOLENCIA MACHISTA NO RURAL
No marco do programa polo Día Internacional contra a Violencia de Xénero, este venres, 30 de novembro, ás 19,30 h., terá lugar unha charla-coloquio da presidenta da Federación de Mulleres Rurais, “Fademur Galicia”, Rosa Arcos Caamaño, que falará no salón de acto do concello sobre a “Violencia machista no rural”.
Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/o-cim-pon-en-marcha-unha-experiencia-piloto-contra-violencia-de-xenero-nos-centros-educativos
[2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/o-cim-pon-en-marcha-unha-experiencia-piloto-contra-violencia-de-xenero-nos-centros-educativos
[3] whatsapp://send?text=O CIM pon en marcha unha experiencia piloto contra a Violencia de Xénero nos centros educativos da Comarca http://copecarballino.es/novas/o-cim-pon-en-marcha-unha-experiencia-piloto-contra-violencia-de-xenero-nos-centros-educativos
[4] https://copecarballino.es/print/49202