Desenrolado por coroa.es
Non é quén de decir a verdade nin cando se marcha.
Un breve resumo da súa xestión pon no seu activo dous obradoiros de emprego con 27 alumnos, catro monitores, un administrativo e un director. Non hai máis activos máis alá dos seus dous primeiros anos, a pesar que vostede vendeu o de CEPSA como a panacea. Se vostede quere poñémoslle esas infraestructuras e esas municipalizacións que tan só existen na súa imaxinación (a xestión da recadación segue sendo privada e deixa prescribir cada ano moitísimos cartos de impostos, pero vostede non quixo nin molestarse en beneficio dos masidaos que si pagan impostos). E póñolle esto no seu activo porque o papel sopórtao todo, incluso as súas grosas mentiras.
No seu pasivo figura ese PXOM que vostede meteu no caixón, levar a Maside ao seu maior endebedamento histórico, manter o sistema caciquil mimando e someténdose á tiranía dos caprichos desas familias que xa estaban nas hordas do PP pra mudar de cara e formar parte das hordas do PSOE, tentar privatizar a xestión da auga, tentar que os de Maside comulgásemos con roldas de neumático á salsa barbacoa (moi ecolóxica), conculcar dereitos fundamentais mentras vostede gozaba deles como se aprecia nesta foto. Permitir que centos de toneladas de residuos da construcción fosen enterrados en fincas diversas do municipio. E un larguísimo etc... Non faría falta contar nin a primeira mentira para facer moito máis amplo este pasivo.
Do seu pasivo non é o único culpable. Contou coa colaboración dunha oposición inexistente que na actualidade é patrimonio dunha desas familias que xunto cos que agora tiña do seu lado integraban as hordas do Partido Podre de Maside.
Que lle vou a contar que non sepa xa... Deséxolle sorte alá onde vaia e espero que cambie o enfoque se lle toca seguir sendo un servidor do público.
Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/denunciacidada/adeus-peralta-que-o-que-se-vai-non-fai-falta
[2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/denunciacidada/adeus-peralta-que-o-que-se-vai-non-fai-falta
[3] whatsapp://send?text=Adeus Peralta que o que se vai non fai falta http://copecarballino.es/denunciacidada/adeus-peralta-que-o-que-se-vai-non-fai-falta
[4] https://copecarballino.es/print/49234