Desenrolado por coroa.es
A ANPA do Colexio da Uceira agarda que "con estos contundentes resultados a Consellería escoite ás familias do centro e leven a cabo as accións necesarias pra que se implante o ano que ven o horario foi elexido maioritariamente".
O 75% das familias que forman parte da comunidade educativa mostranse partidarios da xornada única, esta opción recibíu un total de 340 votos. O alumnado tería a súa entrada no colexio ás 9 da mañá e a saída ás 14 horas, tendo o servizo de comedor ata as 15 horas.
As familias partidarias de manter o horario actúal foron 54, case o 12% do total, con inicio da xornada escolar ás 10:15 horas.
E partidarias dun cámbeo horario, tan so 30 familias, apenas un 6% do total. Esta opción propoñía a entrada do alumnado ás 9 da mañá e a saída ás 15:30 horas, tendo o comedor de 13 a 14:30 horas.
A enquisa, organizada dende a dirección do centro, aclaraba que non tiña carácter vinculante, e que da mesma daráse conta á Consellería de Educación da Xunta de Galicia
Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/familias-votan-maioritariamente-favor-da-xornada-unica-no-colexio-calvo-sotelo
[2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/familias-votan-maioritariamente-favor-da-xornada-unica-no-colexio-calvo-sotelo
[3] whatsapp://send?text=As familias votan maioritariamente a favor da xornada única no Colexio Calvo Sotelo http://copecarballino.es/novas/familias-votan-maioritariamente-favor-da-xornada-unica-no-colexio-calvo-sotelo
[4] https://copecarballino.es/print/49277