Desenrolado por coroa.es
Pero realmente o refrán di: “cando o demo non ten que facer”. Verá vostede a continuación que hai moitas cousas que facer e que dicir.
En primeiro lugar dicirlle que lamento que a frase sobre os dereitos dos empregados do fogar afectáralle directamente. Era un extremo que desoñecía (a súa implicación). Unha vez que vostede o aclarou, só teño que engadir que faltaría máis! Tiña certas dúbidas sobre os dereitos, sen coñecer a súa implicación, porque hai case tres anos o candidato me preguntara por alguén para desenvolver traballos do fogar esporádicamente. Pero podería empregar tanto esa frase como: “Agardo que teñan tan bo criterio co emprego dos recursos dás empresas públicas” e quizáis vostede entendería mellor ou “agardo que teñan tan bo criterio con tal ou cal cousa”, tendo en conta o “brillante” criterio da comprometida loita contra “a crise mundial de saneamento”. En calquer caso lamento a incomodidade, e enténdoo perfectamente porque sei cómo se pasa.
Di vostede con toda razón que a muller do candidato que xa foi elixido hai dous anos non se dedica á política. Pero vostede entenderá que se a súa dona fai un comentario nun grupo eminentemente político denominado “Maside en positivo” e creado polo candidato, o seu comentario tamén pode ser sometido a crítica. Non sei se a vostede non llo parece, pero a loita polo saneamento mundial no termo municipal de Maside é un tema moi superado. En Maside non imos en taparrabos por moito que llo poida parecer a algúns.
As cousas que veñen a continuación non teñen nada de positivo para Maside.
Aquí teño que aplaudir a elección do seu refrán: “Cando o demo non ten que facer mata as moscas co rabo”. O novo candidato, fai máis dun ano protagonizou unha inxerencia que non me atrevo a cualificar porque estamos en horario infantil, que tivo efectos sobre persoas que a min aféctanme. Persoas que se comportaron con exquisita sensibilidade coa causa do rexeitamento á incineradora de neumaticos. Protagonizou esta inxerencia sendo xa candidato (ao marxe de que non tivera ainda o espaldarazo de Baltar, porque xa sabemos quén da aquí os parabéns). Esta temática coñécea vostede tan ben coma min.
Está vostede equivocado na apreciación de que este presunto señor representa a unha Consellería. É un funcionario ao servizo dunha Consellería pero non o seu representante cando está fora das súas funcións públicas nesa Consellería. O representante puro é o Conselleiro.
O mesmo erro de apreciación debeu ter un terceiro que non é vostede, cando en nome do candidato, ofreceu apoio económico para un ente privado. Apoio que sería dado por unha Consellería sen especificar, hipotéticamente. Vostede coñece o asunto perfectamente. E coñece os tristes efectos e as difamacións verquidas por descerebrados/as que incorreron no mesmo erro. Non me refiro a vostede, xa o sabe.
E tamén sabe, porque o fixo diante súa e miña, que o candidato presumía de ser íntimo amigo de Feijóo, sen todavía ser candidato, e ofreceulle a vostede conseguir unha subvención directa para a asociación que vostede preside, e tamén presumía de conseguir outra directa para a que presidía eu. A mín pegábame a risa, porque con respecto a Plataforma Masidá, aparte de non precisar cartos, non lle faríamos o caldo gordo nin a políticos nin a xentiña que pretendese outras cousas máis aló do establecido nos seus estatutos. Non sei se recordará a frase que sempre repetía: “Plataforma Masidá no necesita dinero”. Pero estou por apostar que no seu caso, esta fantasmada non chegou a bo porto, aínda que estes cartos serían ben recibidos e ao meu modo de entender ben oportunos para cubrir as necesidades da Casa Aberta (moi abandoada por todalas administracións).
Por outro lado a este alarde fantasmagórico tan só poden outorgarlle carta de natureza persoas de pouca conciencia e escaso entendemento, e penso que non é noso caso. Pero habelos hainos (o pequeño círculo que apoia a este home que ven a salvarnos as vidas, sobre todo en canto ao saneamento, anda a dicir que é a persoa responsable de que o matadoiro do Carballiño fose unha realidade. O que hai que escoitar, ¿non sí?)
Esta é a máis rancia política practicada polo máis rancio PP, e neste caso polo novo candidato do PP masidao, e non tería maior trascencencia pola miña parte se non afectase a terceiros que de verdade nada teñen que ver, nin terán que ver coa política. Nin por afiliación, nin por consanguinidade nin por por ningunha circunstancia. Que votan libremente, que apoian causas xustas, e que non fan de palmeiros de ningún novo merlo.
Non me vou a estender moito máis no aspecto político porque non paga a pena (de momento). Tan só convidar ao candidato, que xa é talludito, a que non se agoche detrás de ninguén tanto cando se entromete en terreos que non son da súa competencia como cando se sinte incomodado. Porque eu tamén sentín moita incomodidade cando vostedes dous foron a falar con alguén sobre un asunto que afectaba ao candidato e chamáronme desde alí (incluso o mesmo día recibín en casa outra chamada anónima, e xa chovía sobre mollado).
Pero non teño que recorrer a ninguén para responder. Nin teño que ir acompañado de ninguén cando me sinto ameazado, nin darlle a volta á tortilla insinuando que quen estivo do teu lado era quen me ameazara (aínda conservo a mensaxe delirante).
Cando alguén é trigo limpo, e o amezan con denunciar supostas falsedades, de ser falsas realmente, exercita as accións oportunas, e non rinde pleitesía a quen o ameaza, para delirar contra quen estivo do seu lado.
Polo demáis, como vostede comprenderá, a vida privada do candidato non me interesa o máis mínimo. A vida pública como candidato interésanos a todos, e déixolle outro refrán para o seu disfrute (ou do candidato): Manolete, se non sabes torear... ¿pra qué te metes? O dos puzos é de órdago. É o que pasa cando te metes en xardíns que non dominas.
Sorte no difícil reto de presentalo como un xestor con dilatada experiencia habida conta das trapalladas que xa protagonizou pese ó curto percorrido político e de amosar tan cuestionables métodos. En Maside, e todo o seu termo municipal, por moito que pensen algúns, nin somos pampos nin andamos sin retretes, e sabemos empregalos convenientemente (esto último é pra os que con toda lexitimidade apoian ao novo candidato).
A política local serve para solucionar problemas dos veciños, e non para crealos, porque para esa viaxe non precisamos alforxas.
Atentamente,
Antonio Iglesias Fernández
Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/denunciacidada/mata-moscas-co-rabo
[2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/denunciacidada/mata-moscas-co-rabo
[3] whatsapp://send?text=...mata as moscas co rabo http://copecarballino.es/denunciacidada/mata-moscas-co-rabo
[4] https://copecarballino.es/print/49717