Desenrolado por coroa.es
"Doido e apuñalado" éste é o estado emocional no que se sinte Adolfo Nogueira, asi o manifestou esta mañá tras formalizar a súa baixa do grupo municipal socialista por medio dun escrito presentado no rexistro do concello do Carballiño, igual que tamén o fixeron as concelleiras Érika Paz e Rosario González, ata o de agora responsables da áreas de medio ambiente e medio rural, respectivamente.
Os tres concellais que abandonan a disciplina do grupo socialista pasarán a ser concelleiros non adscritos, toda vez que decidiron conservar as súas actas e polo tanto seguir formando parte da corporación municipal do Carballiño ata que se completen os apenas tres meses e medio que lle quedan ao actúal mandato.
Nunha comparecencia posterior a presentar o seu escrito no concello, volveron criticar a decisión do alcalde de retirarlle as competencias ao concelleiro Adolfo Nogueira e mesmo culparon culparon a Francisco Fumega da "destrucción" que auguran se aveciña no PSOE carballiñés.
E é que, a maiores, os xa 3 exconcelleiros socialistas tamén anunciaron que esta mesma semana tramitarán a súa baixa como afiliados do PSdeG-PSOE.
Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/erika-paz-charo-gonzalez-e-adolfo-nogueira-oficializan-sua-baixa-no-grupo-municipal-socialista
[2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/erika-paz-charo-gonzalez-e-adolfo-nogueira-oficializan-sua-baixa-no-grupo-municipal-socialista
[3] whatsapp://send?text=Érika Paz, Charo González e Adolfo Nogueira oficializan a súa baixa no grupo municipal socialista, completarán o mandato como non adscritos. Tamén anuncian a súa baixa no Partido Socialista. http://copecarballino.es/novas/erika-paz-charo-gonzalez-e-adolfo-nogueira-oficializan-sua-baixa-no-grupo-municipal-socialista
[4] https://copecarballino.es/print/49733