Desenrolado por coroa.es
O Pleno da corporación municipal promovido polo BNG para reprobar ao alcalde do Carballiño propiciou unha votación absolutamente esperpéntica, digna de análise para os politólogos.
Tras o debate e distintas intervencións, que evidenciaron a nova situación política no concello carballiñés, chegou o momento de votar o doble acordo proposto polo grupo do BNG e motivo desta convocatoria de sesión extraordinaria.
O BNG aceptou unha enmenda transaccional do Partido Popular para reprobar ao grupo de goberno na súa totalidade, ata a pasada semana integrado por oito concelleiros, antes de que o abandonaran Adolfo Nogueira, Rosario González e Érika Paz, agora non adscritos.
Precisamente, a abstención dos exsocialistas propiciu que BNG e PP aprobasen a reprobación ao grupo de goberno con este resultado: 7 votos a favor (no PP faltou á sesión o concelleiro Luis Sobrino), 5 votos en contra do PSOE e 3 abstencións dos non adscritos.
No segundo acordo proposto polo BNG, sobre a delegación das máximas competencias ao pleno, foi rexeitado toda vez que so votou a favor o propio BNG, en contra os 5 votos do grupo de goberno socialista, e abstiveronse tanto PP como os non adscritos.
A esta sesión non acudíu o concelleiro de Alternativa Veciñal, Bernardo García, que se atopa fora do Carballiño por motivos personais.
Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/pleno-municipal-con-votacion-grotesta-abstencion-dos-3-concelleiros-que-abandonaron-o-psoe
[2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/pleno-municipal-con-votacion-grotesta-abstencion-dos-3-concelleiros-que-abandonaron-o-psoe
[3] whatsapp://send?text=Pleno municipal con votación grotesta: a abstención dos 3 concelleiros que abandonaron o PSOE facilita que PP e BNG consigan maioria para reprobar ao grupo de goberno http://copecarballino.es/novas/pleno-municipal-con-votacion-grotesta-abstencion-dos-3-concelleiros-que-abandonaron-o-psoe
[4] https://copecarballino.es/print/49770