Desenrolado por coroa.es
O Arenteiro gañou (0-1) 3 puntos de ouro no partido de rivalidade co Ourense CF, eso si, sufrindo unha arbitraxe do colexiado Alexandre López Vila absolutamente tan desafortunada como lamentable e vergonzosa para un partido de terceira división.
O despropósito arbitral foi tal que chegou a convertir en saques de esquina a favor do Ourense foras de banda, sacou da chistera un penalti favorable aos locais que só él víu, e sobre todo, tivo un trato desigual á hora de xulgar aos dous equipos, cargou aos xogadores do Arenteiro con cartóns amarelos, oito en total, por ningún dos locais. E durante os 7 minutos de desconto expulsou con vermella directa a Noguerol por protestarlle un libre indirecto co que castigou ao Arenteiro ao interpretar non se sabe qué cando Rui Santos ía xogar o balón. Desquiciante.
Ao marxe da polémica arbitral e da victoria, o partido volve deixar danos colaterais para o Arenteiro, a maiores da sanción que terá Noguerol, tiveron que abandonar o terreo de xogo lesionados Hugo Sanmartín, con 27 minutos de xogo transcurridos, e Rober na segunda parte, tras sufrir unha entrada dun rival, que nin xiquera mereceu amonestación en opinión do colexiado.
No futbolístico, o único gol do partido foi obra de Rober cun tiro a media altura dende a frontal que sorprendeu a un adiantado Diego García, tras perder os locais o balón en defensa, ían apenas 7 minutos de partido. Despois da lesión de Hugo Sanmartín, o Arenteiro botouse atrás para defender a renta, e desta vez saíulle ben. O Ourense fallou un penalti no minuto 50, e os seus continuos ataques sobre a portería do Arenteiro foron infructuosos durante os 97 minutos de partido.
Para ver a ficha do partido preme no seguinte enlace: http://www.futgal.es/pnfg/NFG_CmpPartido?cod_primaria=1000120&CodActa=45... [5]
Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/o-arenteiro-gana-no-couto-ao-ourense-cf-pesar-de-sufrir-unha-vergonzosa-e-desquiciante
[2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/o-arenteiro-gana-no-couto-ao-ourense-cf-pesar-de-sufrir-unha-vergonzosa-e-desquiciante
[3] whatsapp://send?text=O Arenteiro gaña no Couto ao Ourense CF, a pesar de sufrir unha vergonzosa e desquiciante arbitraxe http://copecarballino.es/novas/o-arenteiro-gana-no-couto-ao-ourense-cf-pesar-de-sufrir-unha-vergonzosa-e-desquiciante
[4] https://copecarballino.es/print/49846
[5] http://www.futgal.es/pnfg/NFG_CmpPartido?cod_primaria=1000120&CodActa=459698