Desenrolado por coroa.es
Unha semana Santa máis no Carballiño, Semana Santa que vai en aumento, gracias a gran labor da cofradía do Carballiño cada ano hai máis antividades procesionarias e relixosas , que atraen a cada vez máis turistas e que poñen a Carballiño no mapa. Outra cousa é a imaxe que leven os turistas deste pobo. Nestes días de bo tempo puidemos ver as rúas cheas de lixo, as cunetas contra as aceras cheas de lixo de días e dís, papeles, plásticos, botes aplastados, colillas. Xa non falemos das cacas de cans nad aceras , nin do lixo ò redor dos contenedores. Obras e máis obras que embarran calles inteiras que ben poderian quedar medio limpas para os días festivos. Unha deixadez absoluta dos servicios básicos que deberíamos ter os veciños do Carballiño e unha imaxe penosa para quen se achegara. Iso sí compensamos co verde de herbas e flores que saen nas aceras , rúas , esquinas e farolas. Debe ser un axardinamento novidoso.
Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/denunciacidada/semana-santa-cara-e-cruz
[2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/denunciacidada/semana-santa-cara-e-cruz
[3] whatsapp://send?text=Semana Santa a cara e a cruz http://copecarballino.es/denunciacidada/semana-santa-cara-e-cruz
[4] https://copecarballino.es/print/50021