Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (https://copecarballino.es)

Inicio > O alcalde ultima os trámites para poñer a disposición da parroquia de Santa Comba os terreos necesarios para a ampliación do cemiterio

14, Maio 2019 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

O alcalde de Maside vai poñer a disposición da parroquia de Santa Comba dos terreos necesarios para a obra de ampliación do cemiterio parroquial

O alcalde José Manuel Iglesias ultima os trámites para entregarlles unha superficie suficiente para o aumento da capacidade da necrópole.

É unha vella demanda desta freguesía que nunca tiña callado polas especiais características que posúen precisamente os inmobles que circundan o camposanto. Este ubícase no adro da igrexa románica situada no centro do núcleo rural de Santa Comba, con numerosas edificacións que a protexen a modo de gardiáns, algunha delas en mal estado.

A demanda vén provocada polo reducido espazo do adro e polas características das sepulturas. Agora José Manuel Iglesias dá un pulo definitivo ó “traballo iniciado polo meu predecesor Celso Fernández e nestes días, por fin, elevaremos a pública a documentación e procederase ó rexistro do terreo”.

A área de urbanismo municipal do concello xa valorou a capacidade da superficie para albergar varios panteóns de acordo coas condicións que marcan as cautelas impostas polo templo, patrimonio dun enorme valor cultural.

O rexedor masidao agradece "enormemente a disposición extraordinaria dos propietarios, que valoraron moito esta necesidade parroquial, e sen a cal non sería posible poder acadar esa ampliación", remarca Iglesias.

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:https://copecarballino.es/novas/o-alcalde-ultima-os-tramites-para-poner-disposicion-da-parroquia-de-santa-comba-os-terreos

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/o-alcalde-ultima-os-tramites-para-poner-disposicion-da-parroquia-de-santa-comba-os-terreos [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/o-alcalde-ultima-os-tramites-para-poner-disposicion-da-parroquia-de-santa-comba-os-terreos [3] whatsapp://send?text=O alcalde ultima os trámites para poñer a disposición da parroquia de Santa Comba os terreos necesarios para a ampliación do cemiterio http://copecarballino.es/novas/o-alcalde-ultima-os-tramites-para-poner-disposicion-da-parroquia-de-santa-comba-os-terreos [4] https://copecarballino.es/print/50142