Desenrolado por coroa.es
O concello do Carballiño tomou o acordo de dedicar a próxima edición da Festa do Pulpo, que é a 57 e que se celebrará o domingo 11 de agosto, a Asturias.
Esta decisión obedece principalmente a que a comunidade asturiana, ademáis de estar fortemente unida a Galicia por lazos históricos e de vecindade, e de contar con moitos emigrantes galegos, nunca foi homenaxeada nesta festa.
E por outra parte, a que nos últimos anos foise acrecentando considerablemente o número de asturianos que acuden á Festa do Pulpo, especialmente da cidade de Xixón. De feito, desde hai tres anos promociónanse viaxes en autocar desde Xixón ao Carballiño para asistir á Festa do Pulpo, e incluso na edición do 2017 acudiu ao parque municipal carballiñés a Banda de Gaitas de Xixón, que ofreceu un pasarrúas e unha actuación durante a Festa do Pulpo dese ano.
Neste intre, estase xestionando a posibilidade de realizar unha presentación da 57 Festa do Pulpo na cidade de Xixón a comezos do mes de xullo.
Por outra parte, tamén se está a deseñar o cartel da festa deste ano, e cuxa realización voltou a encargárselle á artista plástica carballiñesa Ari Quintas, autora do cartel da pasada edición, dedicada ao Centro do Carballiño en Bos Aires, e que tivo moito éxito.
As dedicatorias da Festa do Pulpo comezaron no ano 1987, cando se lle dedicou aos emigrantes galegos na Arxentina, e desde entón foise homenaxeando a distintos países, cidades e vilas, así como colectivos vencellados coa Festa do Pulpo.
En nove ocasións os receptores da dedicatoria foron os países e cidades de Latinoamérica con maior presencia de emigrantes do Carballiño e Galicia.
En tres edicións dedicóuselle a festa a comunidades españolas (Euskadi, Madrid e Cataluña), e esta de Asturias será a cuarta.
En canto a cidades e vilas galegas, a Festa do Pulpo dedicouselle a Marín, Lugo, Pontevedra, Camariñas, Santiago, Ourense, Vigo e A Coruña.
Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/o-concello-do-carballino-anuncia-que-festa-do-pulpo-2019-estara-dedicada-asturias
[2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/o-concello-do-carballino-anuncia-que-festa-do-pulpo-2019-estara-dedicada-asturias
[3] whatsapp://send?text=O Concello do Carballiño anuncia que a
[4] https://copecarballino.es/print/50262