Desenrolado por coroa.es
Será a proposta que se presentará por parte do grupo de goberno socialista ao pleno de organización do concello convocado para este xoves dia 11 ás 10 da mañá.
A alcaldía terá unha dedicación exclusiva cunha retribución bruta anual de 39.800 euros, distribuidos en 12 pagas mensuais e dúas extraordinarias de igual contía.
A Concellería de Industria, Emprego e Dinamización Turística, que obstenta o concelleiro Manuel Dacal, terá unha dedicación parcial do 80%, cunha retribución bruta anual de 12.320 euros,
A Concellería de Deportes e Comercio, da que é a súa titular a concelleira Silvia Baranda, contará cunha dedicación parcial do 70%, cunha retribución de 10.780 euros ao ano.
Tamén terá unha dedicación parcial do 70% e unha retribución de 10.780 euros anuais a concelleira Guadalupe Sobrado, responsable da concellería de Benestar Social, Igualdade, Sanidade e Educación.
Estaba prevista unha cuarta dedicación parcial do 50% para o concelleiro de cultura Diego Fernández, pero éste comunicou ao alcalde que renunciaba a ela, toda vez que terá unha das dedicacións do grupo socialista na Deputación Provincial.
Nos anteriores mandatos municipais a norma establecida viña sendo a de dúas concellerías con dedicacións parciais, agora pasan a ser catro.
Neste mesmo pleno, determinaráse a periodicicade das sesións plenarias ordinarias, que terán carácter mensual, pasando a celebrarse os último dia mércores de cada mes.
Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/o-goberno-municipal-socialista-tera-tres-concellerias-con-dedicacions-parciais-que-se-suman
[2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/o-goberno-municipal-socialista-tera-tres-concellerias-con-dedicacions-parciais-que-se-suman
[3] whatsapp://send?text=O goberno municipal socialista terá tres concellerías con dedicacións parciais, que se suman á exclusiva do alcalde Fumega http://copecarballino.es/novas/o-goberno-municipal-socialista-tera-tres-concellerias-con-dedicacions-parciais-que-se-suman
[4] https://copecarballino.es/print/50475