Desenrolado por coroa.es
A Axencia Galega de Emerxencias (AXEGA) contribuíu, mediante a instalación de material absorbente, no control e contención dunha mancha de hidrocarburos localizada no Regato do Varón, no Carballiño.
Mediante esta actuación dos técnicos do Grupo de Apoio Loxístico da AXEGA, logrouse conter o derrame e impidir que avanzase río abaixo.
Foi un veciño quen coa súa chamada ao 112 Galicia, cando estaban a piques de dar as once desta mañá, permitiu activar un operativo no que participaron os técnicos do Grupo de Apoio Loxístico en colaboración cos Bombeiros do Carballiño e os membros do servizo municipal de Protección Civil.
Segundo puideron comprobar os servizos de emerxencias alí desprazados, tratouse dun derrame de hidrocarburos que quedou estancado no Regato do Varón, á altura da Rúa Fontela. Nesa zona actuaron os técnicos de AXEGA e os Bombeiros do Carballiño mediante a colocación de mantas absorbentes, que permitiron reter a mancha e impidir que continuase o curso do regato ata a súa desembocadura no Río Avia.
Ademais, desde o 112 Galicia, puxéronse os feitos en coñecemento da Garda Civil e da Policía Autonómica co fin de determinar a orixe da vertedura.
Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/tecnicos-de-axega-bombeiros-e-proteccion-civil-controlan-unha-mancha-de-hidrocarburos
[2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/tecnicos-de-axega-bombeiros-e-proteccion-civil-controlan-unha-mancha-de-hidrocarburos
[3] whatsapp://send?text=Técnicos de AXEGA, Bombeiros e Protección Civil controlan unha mancha de hidrocarburos aparecida no regato do Varón http://copecarballino.es/novas/tecnicos-de-axega-bombeiros-e-proteccion-civil-controlan-unha-mancha-de-hidrocarburos
[4] https://copecarballino.es/print/50546