Desenrolado por coroa.es
Un centenar de personas, representando aos máis diversos estamentos da cidade de Xixón e do Principado de Asturias, asistieron este mediodía ao acto de presentación da LVIi Festa dos Pulpo, que nesta edición se lle dedica a Asturias.
A alcaldesa de Xixón, Ana González, foi a anfitriona deste acto que contó coa presencia dos alcalde, Francisco Fumega; o concelleiro de Turismo, Manuel Dacal; o portavoz do PP, Ricardo Perea, así como empresarios carballiñeses con negocios en Asturias, e representantes das entidades e empresas patrocinadoras da festa como Abanca, Aceites Abril e Cer&Ber.
Medios de comunicación de Xixón e Oviedo, de TV, radio, prensa escrita e axencias, asistiron ao evento, que comezou cunha salutación da alcaldesa, na que destacou as similitudes e boa vecindade entre Galicia e Asturias, e fixo mención de ter raíces ourensans. Así mesmo, destacou a Festa do Pulpo do Carballiño como unha das grandes celebracións gastronómicas de Galicia.
E por iso animou aos xixoneses e asturianos a asistir á Festa.
Francisco Fumega agradeceu a deferencia pola súa asistencia ao acto e destacou as cualidades da Festa do Pulpo.
Tamén fixo mención da forte ligazón empresarial entre O Carballiño e Asturias, citando en concreto á cada de pulperías A Feira e Cer&Ber.
O acto, ao que tamén asistiron representantes da Delegación do Goberno en Asturias e do sector empresarial, hostaleiro e gastrinómico de Asturias, estuvo animado polo gaitero Carballiño Isidro Vidal.
Tras as salutacións das autoridades efectuouse unha degustación de empanada, pulpo á feira e carne ao caldeiro.
Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/o-acto-celebrouse-na-cidade-de-xixon-coa-presenza-da-sua-alcaldesa-un-centenar-de-invitados-na
[2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/o-acto-celebrouse-na-cidade-de-xixon-coa-presenza-da-sua-alcaldesa-un-centenar-de-invitados-na
[3] whatsapp://send?text=O acto celebrouse na cidade de Xixón coa presenza da súa alcaldesa: un centenar de invitados na presentación da Festa do Pulpo http://copecarballino.es/novas/o-acto-celebrouse-na-cidade-de-xixon-coa-presenza-da-sua-alcaldesa-un-centenar-de-invitados-na
[4] https://copecarballino.es/print/50563