Desenrolado por coroa.es
Co obxectivo de integrar ao colectivo de venezolanos en Galicia e para compartir as manifestacións propias da cultura e gastronomía venezolana coa poboación do Carballiño e a comarca, celébrase por segundo ano consecutivo a II Festa de Venezuela no Carballiño, que terá lugar este sábado e domingo, 17 e 18 de agosto, na Praza Maior.
O evento foi presentado esta mañá polo concelleiro de Cultura, Diego Fernández, e os representantes da colectividade venezolana no Carballiño, Nakari Agüero, Sara Granados e Roger Borgioni.
Diego Fernández agradeceu ao colectivo venezolano o seu traballo para organizar esta festa que reivindica a cultura do seu país en Galicia, e que congrega no Carballiño un gran número de persoas.
Gastronomía, música e actividades de animación sucederanse esta fin de semana desde a mañá ata as 11 da noite na Praza Maior, como explicou Nakari Agüero. Resaltou as actividades infantís que vai haber, como inchables. Tamén destacou o desfile de príncipes e princesas do sábado e o concurso de talentos do domingo, entre outras propostas de entretemento.
Roger Borgioni incidiu na integración da cultura venezolana na programación festiva do verán e asegurou que habería mellor organización que o pasado ano, e que tiñan unha expectativas elevadas para esta edición.
Finalmente, Sara Granados convidou á veciñanza a participar neste evento.
Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/gastronomia-musica-e-actividades-de-animacion-na-2a-festa-de-venezuela-os-dia-17-e-18-na-praza
[2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/gastronomia-musica-e-actividades-de-animacion-na-2a-festa-de-venezuela-os-dia-17-e-18-na-praza
[3] whatsapp://send?text=Gastronomia, música e actividades de animación na 2ª Festa de Venezuela os dia 17 e 18 na Praza Maior http://copecarballino.es/novas/gastronomia-musica-e-actividades-de-animacion-na-2a-festa-de-venezuela-os-dia-17-e-18-na-praza
[4] https://copecarballino.es/print/50838